CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL

Comunicamos que o próximo venres 20 de marzo, ás 19:30h, teremos, no local da A.V.V. A UNIÓN de San Pedro da Ramallosa, unha asemblea xeral con tódolos colectivos adheridos á nosa plataforma. Informaremos do traballo feito dende a última asemblea e próximas accións a desenvolver. Nos próximos días mandaremos mail a todos os nosos adheridos.

NOTA: A convocatoria pode sufrir cambios ou anulación en función do desenvolvemento dos protocolos para a contención do COVID19.

A coordinadora

 

Comunicado sobre o estudo de contaminación da Foz

Dende a creación da Plataforma pola Protección da Foz do Miñor, son moitas as entrevistas que mantivemos coas distintas administracións involucradas no grave problema da contaminación microbiana que sofre a Foz do Miñor, lugar catalogado como Rede Natura 2000 polos valores naturais que atesora e pechada ao marisqueo dende hai 19 anos polos altos niveis de contaminación.

Destas conversas, verificamos que as administracións non coincidían no orixe do/s problema/s, polo que difícilmente podían coincidir na/s solución/s. Así que decidimos intentar que unha entidade independente e de comprobada solvencia se fixera cargo de investigar o problema e determinase a súa mellor solución.

En esta liña, hai dous anos que a Plataforma Pola Protección da Foz do Miñor mantivo varias reunións cos alcaldes dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Como froito destas conversas os tres alcaldes comprometéronse verbalmente, ante a Plataforma, a sufragar a partes iguais os gastos da realización de dito estudio, sempre que fora un gasto asumible.

Obtido o compromiso dos tres alcaldes, a Plataforma contactou co anterior rector da Universidade de Vigo, D. Salustiano Mato, que nos dirixiu ao departamento de Ecoloxía e Bioloxía da Universidade de Vigo. Recibíronnos o profesor D. Ricardo Beiras e o seu equipo, a quen lles expuxemos o problema. Eles acordaron facer un pequeno estudio previo para a confección de un orzamento, que lles foi entregado posteriormente aos tres alcaldes. Dito orzamento suporía un gasto de 6.000 euros para cada concello, cantidade asumible polos tres concellos.

O alcalde de Baiona foi o primeiro en comprometerse por escrito, xa o ano pasado, a aportar a parte que lle corresponde ao seu concello. Hai pouco fixo o propio o alcalde de Gondomar, mediante unha declaración ao Faro de Vigo fruto dunha reunión da que fumos testemuñas, e na que engadiu unha matización burocrática: que as aportacións se fagan a través da Mancomunidade do Val Miñor. Por último, estamos á espera de que o alcalde de Nigrán cumpra coa palabra que lle deu no seu momento a esta Plataforma e se sume finalmente á iniciativa, pois a súa participación é necesaria para que o estudo se leve adiante, e o estudo é imprescindible para solucionar a contaminación da Foz do Miñor, polo ben da propia Foz, dos valores naturais que atesora e da poboación dos tres concellos.

A Foz do Miñor declarada Lugar de Especial Interese Paisaxístico (LEIP)

Esta é unha medalla máis a engadir á larga lista de figuras de protección das que pode presumir a Foz do Miñor, figuras que levan aparelladas lexislación que deberían protexela medioambientalmente, como son:

 

  • O Plan Xeral de Explotación Marisqueira.
  • O Plan Hidrolóxico Galicia-Costa.
  • A Lei de Caza de Galicia.
  • A Lei de Augas de Galicia.
  • A Lei de Costas.
  • A Foz: Humidal.
  • Rede Natura 2000
  • E agora LEIP.

 

Lástima que ninguna delas sirva polo de agora para que as administracións poñan freo, dunha vez por todas, aos diversos ataques medioambientais que está a sofrer a zona desde hai demasiado tempo.

 

Non será por medallas. Non será por lexislación. Non será por valores a preservar. Non será por paisaxe. Non será pola cidadanía que respondeu moi positivamente á chamada desta Plataforma.

 

Por que será? Preguntámonos.

Xuntanza co Alcalde de Gondomar

Hoxe, martes 28 de Xuño de 2016, unha delegación da coordinadora da plataforma reunímosnos co Alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira e ca concelleira de infraestructuras, para abordar o problema de contaminación da Foz no tocante a Gondomar. Esta é a rimeira das tres roldas que temos e teremos cos tres alcaldes do Val Miñor para seguir a traballar a prol dunha Foz do Miñor rexenerada e limpa!

En breve daremos máis información.

Asamblea Xeral – maio 2016

Este sábado celebramos a Asemblea Xeral da plataforma para informar dos últimos avances nas xestións da coordinadora e para acordar o calendario de actuacións que serán desenvolvidas nos vindeiros meses.

Informouse da xuntanza mantida coas entidades políticas do Val Miñor de cara á presentación dunha moción na mancomunidade do Val Miñor que será tratada na vindeira xuntanza ordinaria.

Tamén expúxose a información sobre a xuntanza mantida por membros das coordinadora co director de augas de Galicia, onde trataron o tema extensamente e reclamaron información puntual da situación actual relativa á contaminación da Foz. dende augas de galicia incidiuse nas obras non rematadas do colector e tanque de tormentas en Gondomar e en que a depuradora funciona perfectamente, conclusións non coincidentes co estado da Foz que vemos todos os días. Quedaron pendentes de enviar uns técnicos a revisar con membros da plataforma a situación in situ.

Informouse do verquido acontecido do día 14 de maio e insistiuse no protocolo de actuación no caso de que algún aprticular detecte un verquido, avisando inmediatemante ao 112 para a posta en marcha do protocolo de actuación, Tamén sería necesario que a plataforma tivera coñecmento dos feitos para elabroar un catálogo de verquidos co posterior seguimento.

O debate máis extenso foi o relativo ás dievrsas activdiades a realizar entre as que se atopan xuntanzas co reitoe cos alcaldes para dar a coñecer a plataforma e recabar infortmación sobre o saneamento de cada un dos territorios e a súa influencia na Foz. Actividades de difusión, roteiros, xornadas técnicas, mobilizacións e mesmo iniciativas xurídicas serán estudadas proximamente para o seu desenvolvemento.

Incidiuse especialmente nos vindeiros procesos electorais pois é momento de enviar inciaitivas e propostas comncretas ás entdiades políticas para que sexan recollidas nos seus programas.

Seguiremos informando e traballando!!!

IMG_6860

Xuntanza da Asamblea (Avance)

Onte, sábado 28 de maio, na sede da A.V.V. ”A Unión” de San Pedro, reuniuse a asamblea da Plataforma pola protección da Foz do Miñor. Publicaremos polo miúdo os acordos tomados, máis como adianto concretáronse varias iniciativas inmediatas:

  • Reunión cos Alcaldes do Val Miñor
  • Reunión co Reitor da Universidade de Vigo
  • Preparación de roteiros e actividades varias

Nun par de días sacaremos unha nota de prensa con todo o acordado na Asamblea. Seguimos traballando para mellorar as condicións da Foz para todos e todas.

 

 

Reunión con Augas de Galicia (Resumo)

O Pasado xoves 12 de maio unha delegación da coordinadora da Plataforma e da cofradía de Baiona asistimos a unha reunión co director de Augas de Galicia Roberto Rodríguez, o xefe de verquidos e un técnico.

                         Segundo a opinión de Augas de Galicia a depuradora de Gondomar funciona perfectamente. Está dimensionada para 24.000 habitantes equivalentes e están conectados actualmente uns 14.000, polo que a depuradora funciona un pouco por encima da mitade da súa capacidade. Os problemas veñen pola rede de saneamento, que está rota en moitos tramos e se producen infiltracións á rede de saneamento o que fai que “puntualmente” se produzan verquidos ó río polos rebosadeiros da depuradora. A solución a este problema pasa polos tanques de tormenta, que levan aparellada unha nova conexión coa depuradora que estaría libre de infiltracións e que entenden que solventará o problema. Esta obra presupuestada en 3 millóns de euros, está actualmente paralizada e nos tribunais pola negativa do concello de Gondomar a permitir que se faga. Perdéronse 1.7 millóns de fondos europeos que estaban destinados a esta infraestructura. Esto foi un dos puntos no que máis insistiron dende Augas de Galicia na reunión.

Dende a coordinadora da plataforma mostramos a nosa disconformidade co diagnóstico. Non discutimos as infiltracións á rede de saneamento, pero ainda sen ser técnicos nin manexar datos oficiais, denunciamos que a depuradora aproveitaba as mareas para botar moitos residuos ó río, que a flora dos marxes do río da depuradora hacia abaixo estaba casi morta e cunha especie de capa de grasa que a cubre, que están a aparecer  muxos mortos, que os niveis de E. Coli sobrepasaron o ano pasado an alguhna analítica os 180.000 en 100 gr. de molusco segundo as analítica do INTECMAR. Esta analítica ademáis foi en agosto polo que a tesis das infiltracións na rede de saneamento non parece suficiente para explicalo.

Tamén preguntamos se Augas de Galicia ou a depuradora non levan un rexistro dos momentos en que se producen eses verquidos ó río, é decir, de tal data e hora ata tal data e hora produciuse un verquido directo ó Miñor. A resposta foi que non. Esto para a coordinadora é gravísimo.

Por último falamos dos postos de traballo que se están a perder (50-60 familias vivian do marisqueo e agora hai 4 que casi non lles da para pagar o seguro) e do problema sanitario que pode provocar o furtivismo na zona, xa que a Foz está chea de marisco.

Quedamos en ter un próximo contacto no mes de xuño.

En resumo, na coordinadora da Plataforma pensamos que a depuradora non funciona nin de lonxe perfectamente, pero ainda que a depuradora é un dos problemas máis graves da contaminación da Foz e do río Miñor non é o único. Fanse verquidos en Baiona, Gondomar e Nigrán, e non se pode pasar por toda a beira da Foz por terreo público.

O problema da contaminación da Foz é de todo o Val Miñor, e solo entre todo o Val Miñor poderemos solucionalo para poder desfrutar todos e todas dunha Foz limpa e que poida dar os postos de traballo necesarios.

augasdegalicia

FOTO: Xunta de Galicia

A Plataforma DENUNCIA

Este mediodía sobre as 14h chegaron as nosas mans unhas fotos dun verquido que se acababa de realizar na Foz, xunto a ponte de Ramallosa. Inmediatamente puxemos unha denuncia a través da páxina web de Augas de Galicia. Ti tamén podes denunciar, ou ven na web de Augas de Galicia ou podes chamar directamente ó 112, se polo que fora non puideras facelo directamente envíanos unha foto e descripción a proteccionfozminor@gmail.com e farémolo nos por ti! Entre todos e todas evitemos máis verquidos! Por unha Foz limpa!

 

Reunión con Augas de Galicia

O pasado xoves 12 de maio trasladámonos unha delegación da Coordinadora da Plataforma a Santiago de Compostela, a unha reunión con Aguas de Galicia, empresa que ten a concesión da depuradora de Gondomar que abastece ó Val Miñor.

Recibiunos o director, o xefe de verquidos máis dous técnicos. Tratamos entre outros o tema da depuradora, dos famosos tanques de tormenta e dos verquidos e da contaminación da Foz que fai perder postos de traballo e a perda de investimentos europeos. A coordinadora reunirase para valorar a xuntanza e convocará unha asamblea xeral antes de que remate o mes para dar conta e sacar entre tódolos colectivos unha postura oficial.

augas_galicia_foz_do_minor.jpg

Foto: Telemariñas