Xuntanza da Asamblea (Avance)

Onte, sábado 28 de maio, na sede da A.V.V. ”A Unión” de San Pedro, reuniuse a asamblea da Plataforma pola protección da Foz do Miñor. Publicaremos polo miúdo os acordos tomados, máis como adianto concretáronse varias iniciativas inmediatas:

  • Reunión cos Alcaldes do Val Miñor
  • Reunión co Reitor da Universidade de Vigo
  • Preparación de roteiros e actividades varias

Nun par de días sacaremos unha nota de prensa con todo o acordado na Asamblea. Seguimos traballando para mellorar as condicións da Foz para todos e todas.

 

 

Reunión con Augas de Galicia (Resumo)

O Pasado xoves 12 de maio unha delegación da coordinadora da Plataforma e da cofradía de Baiona asistimos a unha reunión co director de Augas de Galicia Roberto Rodríguez, o xefe de verquidos e un técnico.

                         Segundo a opinión de Augas de Galicia a depuradora de Gondomar funciona perfectamente. Está dimensionada para 24.000 habitantes equivalentes e están conectados actualmente uns 14.000, polo que a depuradora funciona un pouco por encima da mitade da súa capacidade. Os problemas veñen pola rede de saneamento, que está rota en moitos tramos e se producen infiltracións á rede de saneamento o que fai que “puntualmente” se produzan verquidos ó río polos rebosadeiros da depuradora. A solución a este problema pasa polos tanques de tormenta, que levan aparellada unha nova conexión coa depuradora que estaría libre de infiltracións e que entenden que solventará o problema. Esta obra presupuestada en 3 millóns de euros, está actualmente paralizada e nos tribunais pola negativa do concello de Gondomar a permitir que se faga. Perdéronse 1.7 millóns de fondos europeos que estaban destinados a esta infraestructura. Esto foi un dos puntos no que máis insistiron dende Augas de Galicia na reunión.

Dende a coordinadora da plataforma mostramos a nosa disconformidade co diagnóstico. Non discutimos as infiltracións á rede de saneamento, pero ainda sen ser técnicos nin manexar datos oficiais, denunciamos que a depuradora aproveitaba as mareas para botar moitos residuos ó río, que a flora dos marxes do río da depuradora hacia abaixo estaba casi morta e cunha especie de capa de grasa que a cubre, que están a aparecer  muxos mortos, que os niveis de E. Coli sobrepasaron o ano pasado an alguhna analítica os 180.000 en 100 gr. de molusco segundo as analítica do INTECMAR. Esta analítica ademáis foi en agosto polo que a tesis das infiltracións na rede de saneamento non parece suficiente para explicalo.

Tamén preguntamos se Augas de Galicia ou a depuradora non levan un rexistro dos momentos en que se producen eses verquidos ó río, é decir, de tal data e hora ata tal data e hora produciuse un verquido directo ó Miñor. A resposta foi que non. Esto para a coordinadora é gravísimo.

Por último falamos dos postos de traballo que se están a perder (50-60 familias vivian do marisqueo e agora hai 4 que casi non lles da para pagar o seguro) e do problema sanitario que pode provocar o furtivismo na zona, xa que a Foz está chea de marisco.

Quedamos en ter un próximo contacto no mes de xuño.

En resumo, na coordinadora da Plataforma pensamos que a depuradora non funciona nin de lonxe perfectamente, pero ainda que a depuradora é un dos problemas máis graves da contaminación da Foz e do río Miñor non é o único. Fanse verquidos en Baiona, Gondomar e Nigrán, e non se pode pasar por toda a beira da Foz por terreo público.

O problema da contaminación da Foz é de todo o Val Miñor, e solo entre todo o Val Miñor poderemos solucionalo para poder desfrutar todos e todas dunha Foz limpa e que poida dar os postos de traballo necesarios.

augasdegalicia

FOTO: Xunta de Galicia

A Plataforma DENUNCIA

Este mediodía sobre as 14h chegaron as nosas mans unhas fotos dun verquido que se acababa de realizar na Foz, xunto a ponte de Ramallosa. Inmediatamente puxemos unha denuncia a través da páxina web de Augas de Galicia. Ti tamén podes denunciar, ou ven na web de Augas de Galicia ou podes chamar directamente ó 112, se polo que fora non puideras facelo directamente envíanos unha foto e descripción a proteccionfozminor@gmail.com e farémolo nos por ti! Entre todos e todas evitemos máis verquidos! Por unha Foz limpa!

 

Reunión con Augas de Galicia

O pasado xoves 12 de maio trasladámonos unha delegación da Coordinadora da Plataforma a Santiago de Compostela, a unha reunión con Aguas de Galicia, empresa que ten a concesión da depuradora de Gondomar que abastece ó Val Miñor.

Recibiunos o director, o xefe de verquidos máis dous técnicos. Tratamos entre outros o tema da depuradora, dos famosos tanques de tormenta e dos verquidos e da contaminación da Foz que fai perder postos de traballo e a perda de investimentos europeos. A coordinadora reunirase para valorar a xuntanza e convocará unha asamblea xeral antes de que remate o mes para dar conta e sacar entre tódolos colectivos unha postura oficial.

augas_galicia_foz_do_minor.jpg

Foto: Telemariñas