Comunicado sobre o estudo de contaminación da Foz

Dende a creación da Plataforma pola Protección da Foz do Miñor, son moitas as entrevistas que mantivemos coas distintas administracións involucradas no grave problema da contaminación microbiana que sofre a Foz do Miñor, lugar catalogado como Rede Natura 2000 polos valores naturais que atesora e pechada ao marisqueo dende hai 19 anos polos altos niveis de contaminación.

Destas conversas, verificamos que as administracións non coincidían no orixe do/s problema/s, polo que difícilmente podían coincidir na/s solución/s. Así que decidimos intentar que unha entidade independente e de comprobada solvencia se fixera cargo de investigar o problema e determinase a súa mellor solución.

En esta liña, hai dous anos que a Plataforma Pola Protección da Foz do Miñor mantivo varias reunións cos alcaldes dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Como froito destas conversas os tres alcaldes comprometéronse verbalmente, ante a Plataforma, a sufragar a partes iguais os gastos da realización de dito estudio, sempre que fora un gasto asumible.

Obtido o compromiso dos tres alcaldes, a Plataforma contactou co anterior rector da Universidade de Vigo, D. Salustiano Mato, que nos dirixiu ao departamento de Ecoloxía e Bioloxía da Universidade de Vigo. Recibíronnos o profesor D. Ricardo Beiras e o seu equipo, a quen lles expuxemos o problema. Eles acordaron facer un pequeno estudio previo para a confección de un orzamento, que lles foi entregado posteriormente aos tres alcaldes. Dito orzamento suporía un gasto de 6.000 euros para cada concello, cantidade asumible polos tres concellos.

O alcalde de Baiona foi o primeiro en comprometerse por escrito, xa o ano pasado, a aportar a parte que lle corresponde ao seu concello. Hai pouco fixo o propio o alcalde de Gondomar, mediante unha declaración ao Faro de Vigo fruto dunha reunión da que fumos testemuñas, e na que engadiu unha matización burocrática: que as aportacións se fagan a través da Mancomunidade do Val Miñor. Por último, estamos á espera de que o alcalde de Nigrán cumpra coa palabra que lle deu no seu momento a esta Plataforma e se sume finalmente á iniciativa, pois a súa participación é necesaria para que o estudo se leve adiante, e o estudo é imprescindible para solucionar a contaminación da Foz do Miñor, polo ben da propia Foz, dos valores naturais que atesora e da poboación dos tres concellos.

2 comentarios en “Comunicado sobre o estudo de contaminación da Foz

  1. Unos de los vertidos a la Foz y denunciado por mí en varias ocasiones al Concello y a autoridades europeas es el que está enfrente del supermercado Froiz que da a la marisma, concretamente en ésta posición. 42º06’48.19” N 8º49’07.44” O
    Me acabo de adherir a la plataforma y quiero hacerles saber que pueden contar conmigo para lo que haga falta.
    Enhorabuena

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s