Reunión con Augas de Galicia (Resumo)

O Pasado xoves 12 de maio unha delegación da coordinadora da Plataforma e da cofradía de Baiona asistimos a unha reunión co director de Augas de Galicia Roberto Rodríguez, o xefe de verquidos e un técnico.

                         Segundo a opinión de Augas de Galicia a depuradora de Gondomar funciona perfectamente. Está dimensionada para 24.000 habitantes equivalentes e están conectados actualmente uns 14.000, polo que a depuradora funciona un pouco por encima da mitade da súa capacidade. Os problemas veñen pola rede de saneamento, que está rota en moitos tramos e se producen infiltracións á rede de saneamento o que fai que “puntualmente” se produzan verquidos ó río polos rebosadeiros da depuradora. A solución a este problema pasa polos tanques de tormenta, que levan aparellada unha nova conexión coa depuradora que estaría libre de infiltracións e que entenden que solventará o problema. Esta obra presupuestada en 3 millóns de euros, está actualmente paralizada e nos tribunais pola negativa do concello de Gondomar a permitir que se faga. Perdéronse 1.7 millóns de fondos europeos que estaban destinados a esta infraestructura. Esto foi un dos puntos no que máis insistiron dende Augas de Galicia na reunión.

Dende a coordinadora da plataforma mostramos a nosa disconformidade co diagnóstico. Non discutimos as infiltracións á rede de saneamento, pero ainda sen ser técnicos nin manexar datos oficiais, denunciamos que a depuradora aproveitaba as mareas para botar moitos residuos ó río, que a flora dos marxes do río da depuradora hacia abaixo estaba casi morta e cunha especie de capa de grasa que a cubre, que están a aparecer  muxos mortos, que os niveis de E. Coli sobrepasaron o ano pasado an alguhna analítica os 180.000 en 100 gr. de molusco segundo as analítica do INTECMAR. Esta analítica ademáis foi en agosto polo que a tesis das infiltracións na rede de saneamento non parece suficiente para explicalo.

Tamén preguntamos se Augas de Galicia ou a depuradora non levan un rexistro dos momentos en que se producen eses verquidos ó río, é decir, de tal data e hora ata tal data e hora produciuse un verquido directo ó Miñor. A resposta foi que non. Esto para a coordinadora é gravísimo.

Por último falamos dos postos de traballo que se están a perder (50-60 familias vivian do marisqueo e agora hai 4 que casi non lles da para pagar o seguro) e do problema sanitario que pode provocar o furtivismo na zona, xa que a Foz está chea de marisco.

Quedamos en ter un próximo contacto no mes de xuño.

En resumo, na coordinadora da Plataforma pensamos que a depuradora non funciona nin de lonxe perfectamente, pero ainda que a depuradora é un dos problemas máis graves da contaminación da Foz e do río Miñor non é o único. Fanse verquidos en Baiona, Gondomar e Nigrán, e non se pode pasar por toda a beira da Foz por terreo público.

O problema da contaminación da Foz é de todo o Val Miñor, e solo entre todo o Val Miñor poderemos solucionalo para poder desfrutar todos e todas dunha Foz limpa e que poida dar os postos de traballo necesarios.

augasdegalicia

FOTO: Xunta de Galicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s